
A empresa Lab_in patrocina a producción de obras do 25 aniversario da Facultade de Belas Artes.
Producirán a impresión de entre 10-15 pezas que se poderán contemplar primeiro na Facultade o 30 de outubro de 2015 na celebración do 25 aniversario e despois as pezas formarán parte da exposición itinerante do aniversario da Facultade.
A primeira parada será na Sala de exposicións da Facultade de Belas Artes de Porto en Febreiro de 2016.
Para participar enviade as imaxes en baixa resolución e os datos de contacto co asunto "producción 25 aniversario" ó correo: 25aniversario_bbaa@uvigo.es.
Nunha segunda fase, cando as vosas pezas resulten seleccionadas teredes que enviar as imaxes en alta resolución e buscaremos o soporte para a impresión máis axeitado.
www.labinartemultiple.com
info@labinartemultiple.com
Tel. 986 91 50 50